Mos | Esta tarde celebrouse no Pazo de Mos á xornada inaugural das “I Xornadas de Intervención e tratamento contra a violencia” que a concellería de Política Social e Igualdade e o CIM de Mos organizan dentro da programación conmemorativa do 8M, Día Internacional da Muller, que se prolonga durante todo este mes de marzo.
A Xornada de hoxe leva por título “A coeducación como forma de prevención da violencia de xénero” e conta como moderadora con Ana Mª Rodríguez Cabaleiro, avogada CIM MOS, e como ponente con Marina Marroquí. Ambas estiveron acompañadas pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e pola concelleira de Política Social e Igualdade mosense, Sara Cebreiro.
Os temas tratados esta tarde foron a tratar o concepto de coeducación, a caracterización do sistema patriarcal e distribución do poder, os axentes socializadores e a perspectiva de xénero na práctica profesional.
As Xornadas de intervención contra a violencia de xénero celébranse durante as tardes dos días 24, 25, e 31 de marzo e 1 de abril.
Son impartidas e moderadas por técnicos (xuízas, mestras, psicólogas, avogadas… entre elas Marina Marroquí, que é escritora e Educadora Social) e Concepción Cendón, psicóloga forense, Asunción Lois, avogada responsable da quenda de oficio de vítimas de violencia do Colexio de Avogados de Vigo, María Martínez, Asunción Ávarez, Felisa Balboa, Olegaria Mosquera, Belén Rubido, Rosana Izquierdo, Elena Molanes e Isabel Ramos.
As “Xornadas de intervención interdisciplinar e tratamento da violencia contra as mulleres”, celébranse en horario de 16.00 horas a 19.00 horas.
Estas Xornadas son de suma importancia para dotar de recursos formativos ao personal municipal e implementar a perspectiva de xénero en todos ámbitos da vida municipal, así como implicar a todos e todas na loita contra esta lacra social.
Con estas Xornadas de carácter multidisciplinar quérense adoitar medidas en todos os ámbitos que interveñen nun caso de violencia machista, potenciar e consolidar servizos e programas para proporcionar unha coordinación integral de todos os departamentos municipais e dar unha resposta eficaz, rápida e homoxénea na intervención coas vítimas dos malos tratos.
A importancia destas intervencións, impón establecer un protocolo de actuación como unha ferramenta imprescindible, que permita coordinar o traballo que se realiza no ámbito da intervención na violencia contra as mulleres e compartir unha mesma metodoloxía os diferentes recursos humanos e axentes do municipio. Estes protocolos permiten definir as competencias e funcións dos diferentes recursos e establecer sistemas de comunicación estables entre os profesionais que interveñen neste ámbito.
O antigo Rebullón será centro sociosanitario pioneiro en España
A Xunta e o Concello de Mos avanzan no proxecto que converterá o antigo Rebullón nun centro sociosanitario pioneiro en España, para elo a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse esta mañá no edificio do antigo Hospital Psiquiátrico do Rebullón coa secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social, María Francisca Gómez Santos, e concretar detalles da nova infraestrutura sociosanitaria que alí se ubicará.
A xuntanza consistiu nunha visita técnica á que asistiron técnicos das Consellerías tanto de Sanidade como de Política Social, co obxectivo de definir in situ as partes do proxecto sociosanitario que serán xestionadas polo SERGAS e cales por Política Social.
Cada consellería está xa traballando polo tanto na súa respectiva parte do proxecto. Unha importante aposta das administracións local e autonómica para a prestación dos mellores servizos sanitarios e sociais para a cidadanía.
O antigo hospital do Rebullón ten xa o seu futuro e continuidade en activo asegurados. Un futuro que será posible grazas á transformación destas instalacións nun gran complexo con servizos sanitarios e sociais.
Trátase dun gran proxecto de futuro para Mos e sobre el a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, recalcou o “arduo traballo de estudo previo” no que se basea esta iniciativa e indicou que “dará servizos sanitarios e sociais a milleiros de persoas. Unha iniciativa altamente beneficiosa para a comunidade local e tamén para a comarca e para o sur da provincia de Pontevedra”.
Este gran complexo no Rebullón é unha das grandes apostas da alcaldesa de Mos para a presente lexislatura. Incluído no apartado social do seu programa electoral, solicitoulle actuar neste espazo á administración autonómica tocando ao final da pasada lexislatura, e a idea comeza a materializarse xa, tras tempo de traballo técnico previo, necesario para un proxecto destas características e envergadura.
É un proxecto a tres bandas entre Concello e Consellerías de Política Social e Sanidade. Un macroproxecto sociosanitario pioneiro en España que será referente en Mos e comarca, no que se fará a maior inversión en décadas.
Concluía a rexedora local expresando que “comenza a conta atrás para o novo Rebullón. Transformarémolo nun centro sociosanitario de referencia no país. Por fin o macroproxecto está iniciado tras pechar os acordos que estiveron precedidos de meses de arduo traballo”. “É outro soño que se fará realidade para Mos. Este será un logro histórico, recuperar este edificio emblemático na provincia para dar servizos tan necesarios e demandados en Mos e comarca”, finalizou Arévalo.