Mondariz | O Xulgado Nº 5 do Mercantil de Madrid autorizou o pasado 20 de novembro a cesión do inmoble da Fonte de Troncoso ao Concello de Mondariz Balneario, segundo comunicou o propio tribunal á Valedora do Pobo de Galicia, María Dolores Fernández Galiño, o pasado 23 de novembro.
Así mesmo, e segundo confirma a propia oficina da Valedora do Pobo, explicáronse determinadas circunstancias do concurso, como contestación ao oficio enviado pola institución galega o pasado 16 de novembro, no curso dun expediente de queixa, que abriuse a instancias da Asociación SOS Fonte de Troncoso.
En concreto, a Valedora do Pobo abriu unha investigación polo incumprimento do deber de conservación que o artigo 32 da Lei 5/2016, de 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, impón ao propietario posuídor o titular de dereitos reais sobre bens pertencentes ao patrimonio cultural de Galicia. Este incumprimento do deber de conservación determinou o afundimento da cuberta dun dos dous corpos dun edificio catalogado, o pavillón Fonte de Troncoso.
Xa en marzo de 2019, o Concello de Mondariz Balneario iniciou expediente en relación co estado de ruína na que se atopaba a fonte. O Concello informou á Valedora sobre o seu interese particular en facerse coa propiedade do inmoble para poder reparar os danos que presenta ou ben e devolverlle o esplendor do que, no seu día, gozou esta obra arquitectónica.
Con tal propósito, o Concello mantivo contacto co administrador concursal da mercantil Fuentes Capital, S.A. En distintos correos electrónicos manifestouselle o estado de deterioro no que atopábase a fonte e trasladouselle o malestar dos veciños, xa que ese elemento forma parte da identidade do municipio. A idea que se lle trasladou foi que, no procedemento concursal, o ben se lle adxudicara de xeito gratuíto ao Concello. O administrador concursal informou que trasladou ao Xulgado distintos escritos neste sentido, pero indicaba tamén que o inmoble non figuraba como activo da concursada e que tampouco existía saldo para acometer as reformas solicitadas.
A última comunicación do administrador concursal, do pasado 6 de outubro, sinala que o xulgado deu traslado da solicitude de adxudicación ás demáis partes persoadas para manifestar o que convenira ao seu dereito, sen que houbera alegacións por ditas partes.
Os veciños reclaman unha intervenxión urxente
Pola súa banda, a Asociación SOS Fonte de Troncoso pedíu ao Concello de Mondariz Balneario e á Xunta de Galicia que realicen un proxecto de intervención urxente que, de cara a este inverno, free a degradación do inmoble e sente as bases da súa recuperación.
A organización valorou que a fonte sexa xa pública, grazas á intervención da Valedora do Pobo, “e xa non hai desculpas para non actuar no edificio coa máxima celeridade, respectando a súa tipoloxía, a súa historia e a estructura orixinal da que lle dotou o arquitecto porriñés Antonio Palacios”.
Tomado do Faro de Vigo