O Pereiro de Aguiar | A Xunta de Galicia amplía en 20 prazas máis o programa Xantar na Casa no Pereiro de Aguiar para chegar a ata un máximo de 45 beneficiarios, entre maiores que viven sos, persoas dependentes ou que están en risco de exclusión social.
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e o alcalde, Luis Menor, asinaron o novo convenio de colaboración para ampliar o número de usuarios deste programa.
Perfecto Rodríguez sinalou que este convenio responde á demanda detectada polos servizos sociais do Concello, que son os encargados de seleccionar aos usuarios. A Xunta encárgase de financiar o 50% do custe da comida, mentres que a outra metade corre a cargo do Concello e dos usuarios a partes iguais.
Así mesmo, o xerente do Consorcio explicou que a comida repártase nos domicilios nunha única entrega para todos os días da semana —incluídos sábados, domingos e festivos—, polo que o destinatario soamente ten que quentala antes de consumila. Ao usuarios do programa tamén se lles facilitan os electrodomésticos que necesiten no caso de que careza deles, como neveira e microondas.