Xunta de Galicia colaborará con Liceo de Ourense

A Sociedade fundouse no ano 1850 con nome de Liceo Recreo de Artesáns

Ourense | Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta en Ourense, reuniuse na Delegación Territorial coa directiva do Liceo de Ourense, encabezada polo seu presidente, Javier Casares, que explicou o labor cultural e social que está a desenvolver esta entidade, tanto para o seus socios como para a sociedade ourensá en xeral.

Manuel Pardo ratificou o apoio do Goberno galego e a cooperación activa con esta institución centenaria co fin de posibilitar que todo o tecido cultural e social que xira en torno ao Liceo de Ourense se manteña e poidan seguir a desenvolver o seu traballo as entidades que alí teñen acollida.

En marzo do ano 1850 un grupo de ourensáns fundou o Liceo Recreo de Artesáns. Hai cen anos, en febreiro de 1907, en sesión ordinaria da xunta directiva e “seguindo o costume acórdase celebrar dous bailes os días 10 e 12 designando a tres membros da xunta para o recoñecemento de máscaras”. O día oito de febreiro de 1957, en sesión ordinaria da directiva dáse conta polo presidente José Fernández Borrajo da “firma da escritura notarial da compra da casa, e acórdase celebrar unha comida o domingo día 10 para todos os socios e familiares que o desexen para celebrar o acontecemento da adquisición do edificio.” En asemblea xeral ordinaria do 12 de febreiro apróbase un orzamento para o ano 1957 de 1.087016 pesetas. Hai 25 anos, en febreiro de 1982, en asemblea xeral ordinaria do 19 de febreiro é reelixido como presidente da sociedade José Carlos Martínez-Pedrayo García.

A xunta directiva actual está integrada por Javier Casares Mouriño, como presidente; Francisco Novoa Rodríguez, vicepresidente; Rosa Estévez Redonet, secretaria; Amadeo Rodríguez Piñeiro, contador; Jacinto Seara Amigo, tesoreiro; Manuel Sueiro López, bibliotecario. Son vocais Manuel Jaime Martínez Rapela, Juan Ignacio Fonseca Moretón, Joaquín Bello Filgueira, Mª Jesús Cisneros García, Antón Alonso Suárez, José Luis Fernández Díaz, Armando González López e Teresa Devesa Graña.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.