Comercial: RAG: “persoa que traballa para unha organización que xera estratexias de promoción e venda dun producto, de maneira que podan chegar o consumidor de forma eficaz. Actividade mercantil”.
Por definición, dedicarse á “Pública”, ten como obxectivo administrar e xestionar de maneira hábil e transparente, os recursos públicos, tanto os materiais como os humanos, de maneira que poda satisfacer as necesidades primordiais da sociedade que xestionan.
Sucede ísto ca Xunta de Galicia? Creo que non. A administración do PP, está agora en disputa cos xuices galegos, pois non lle dan a razón no tema dos eólicos. Como bo “comercial”, o señor Rueda, pelexa con todalas súas armas, para que a xudicatura lle dé a razón en algo que é inxusto, pois neste momento, temos cuberto con moito o noso cupo enerxético. E como alumno aventaxado, implícase de forma intensa na eólica mariña, desprezando aos mariñeiros galegos.
Actúa de forma descarada, concedendo autorizacións para minas que son contaminantes dos terreos onde están e da contaminación posterior a través das terras e das augas. Exemplos temos e co perigo de facer fracasar as campañas marisqueiras pola contaminación das nosas rías.
Apoian e apoiaron ós lobbies e grandes fortunas, como foi o caso da banca galega: as caixas de aforros, foron expoliadas e entregadas a un magnate venezolano con inxentes beneficios, grazas a boa labor dos gobernos de Feijoo primeiro e Rueda despois.
Por que o goberno da Galiza está en contra da Lei de Vivenda? Será porque as grandes inmobiliarias do país podan perder os enormes beneficios ca especulación existente?
…e as eléctricas: non temos máis que recordar o Sr. Galán, botándose enriba de Feijoo cando gañou as eleccións. Beneficios a esgalla, mentras os cidadáns, pagan pola electricidade cantidades desorbitadas.
E no transporte público? Lobbies, acaparan tódolos servizos, cunha administración que mira para outro lado ante as desfeitas do día a día nos desprazamanentos.
“En sanidade, a administración do PP alíase ca alta tecnoloxía sanitaria e despreza a contratación de persoal que é o que máis precisa o sistema”
En sanidade, a administración do PP alíase ca alta tecnoloxía sanitaria e despreza a contratación de persoal que é o que máis precisa o sistema…pero con salarios de miseria, inestabilidade e precariedade laboral, dicindo “que non encontran profesionais para cubrir prazas”, co que o desmantelamento está garantido. Así, estamos vendo que a privatización é a estratexia do PP. O tema dos aparcadoiros nos recintos hospitalarios, xá é de traca!
As Residencias de Maiores en mans da iniciativa privada e incluso facendo bandeira de Residencias doadas a Pública por Amancio Ortega, que o PP as está “entregando” ó clero e a institucións que so queren un lucro rápido e non a atención de calidade ás persoas maiores. É Indecente. Cero residencias públicas en 14 anos de goberno!
Opóñense a revalorización das pensións según o IPC. Incrible pero certo! A súa pretensión é subilas “o 0,25% cada ano”. Váia miseria! Xa non falemos do Salario Mínimo Interprofesional, que se supón beneficiaría a unha amplia poboación (non a lobbies concrétamente). Pero son así, “é o seu carácter”.
Desprezan ós gandeiros galegos cos precios do leite máis baixos do estado; e igual cos mariñeiros e a industria en xeral. Pero iso sí; rebaixan os impostos ás grandes fortunas: indecente!
Alíanse co “Camiño de Santiago” e o turismo en xeral, buscando cantidade e non calidade e non respectando os dereitos dos cidadáns por onde pasa ou termina o camiño, que deben “supeditarse” o éxito Rueda!
Non falemos dos colectivos LGTBI e da Lei Trans, onde nalgúns lugares que goberna o PP, pretenden cambiar as leis que defenden os seus dereitos.
Tanto “respectan” a Autonomía de Galicia, que en 14 anos, pediron 0 transferencias o estado!
Son capaces de facer de “comercial” de IKEA, e promocionar a Tarxeta Benvida e que se gasten os cartos públicos, nesta multinacional sueca, desprezando o pequeno comercio.
Podríamos seguir ata o infinitum: patronal do eucalipto, dos xogos de apostas, a CRTVG, o fomento da Universidade privada, etc.
E sabendo todo ísto, hai xente que os vota e conseguiron maiorías.
Esperemos que nas vindeiras eleccións, o vento cambie, para ben dos cidadáns galegos!
Dr. Xosé Mª Dios Diz, Médico especialista de AP de Outes. Decembro 2023.