Chantada | A Xunta de Galicia e Arcebispado de Lugo e de Santiago colaboraron na instalación de reixas e iluminación en máis de trinta igrexas do Camiño de Santiago. En concreto, dispúxose de reixas mediante a apertura de ocos nas portas de entrada das igrexas, o que permite contemplar o seu interior aínda que o templo estea pechado e se instalou un dispositivo de iluminación para que os usuarios o preman e poidan ver o interior.
No Camiño Francés, na de Santa María de Montán en Samos, na de Santa María de Ferreiroas en Paradela; na de Triacastela e na de San Nicolás de Portomarín. Tamén se actuou na Igrexa de San Xoán do Sixto, en Dozón (na Vía da Prata) e, no que se refire ao Camiño de Inverno, na Igrexa de San Miguel de Montefurado, de San Salvador do Hospital, de Santa María de Vilaster e de Bendilló, todas en Quiroga; a Igrexa de Santa Mariña de Barxa do Lor en A Pobra do Brollón, na Igrexa de San Salvador de Vilasate e de San Lourenzo do Fión en O Saviñao e San Pedro de Líncora en Chantada.
Así, ademais de na Igrexa de Mesía, (A Coruña), os peregrinos e veciños xa poden ver o interior, aínda que estean, pechadas de 11 Igrexas do Camiño Inglés: a Capela de Santa Ana, en Fene; a Igrexa de San Martiño de Porto e a de Santo André, ambas en Cabanas; a Igrexa das Virtudes, en Pontedeume; a Igrexa de Santiago de Sigrás, en Cambre; a de San Pantaleón das Viñas, en Paderne; a Capela de San Roque en As Travesas, en Carral; a de Santaia de Leiro, e e a de Santa María de Presedo, ambas en Abegondo e a de Santo André de Barciela en Santiago de Compostela.
No Camiño Primitivo facilitáse a visita e coñecemento do seu patrimonio na Igrexa de Santiago da Fontaneira e na de Santa María en A Fonsagrada, a de San Lázaro da Ponte, San Miguel de Bacurín e en Lugo; a de San Román da Retirta en Guntín, a de San Xurxo de Augas Santas en Palas de Rei, na Igrexa de Santo Estevo de VIlamor, en Toques e na de Santa María de Vilabade, en Castroverde. Na foto o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, na Igrexa de San Lorenzo de Bruma, en Mesía (A Coruña)