Ourense | Xuventudes Socialistas de Galicia celebrou un acto ameno e informativo para dar a coñecer o seu punto de vista sobre as políticas que precisa a mocidade. Ao mesmo asistiu o candidato á Alcaldía da cidade polo PSdeG-PSOE, Paco Rodríguez; a secretaria xeral de XX.SS. de Ourense, Alba Iglesias e Xurxo Doval, secretario xeral de XX.SS. de Galicia.
A campaña ‘Bota’ chegou ao Campus de Ourense logo de percorrer outros puntos da Comunidade Autónoma para animar –á cidadanía en xeral e a xuventude en particular– a cambiar as cousas. “Facémolo dun xeito divertido e participativo, recollendo as súas achegas e iniciativas sobre como lles gustaría que mellorase a cidade nun intre onde a ficción supera a realidade e onde o orgullo ourensán disólvese en audios esperpénticos”, indicou Doval.
Nesta aliña, explicou que a formación política entende a participación como a ferramenta adecuada para acadar a provincia e cidade funcional que se precisa: “A nosa garantía é Paco Rodríguez e as Xuventudes Socialistas de Ourense que, xunto co Goberno de España, atenderán ás deficiencias e políticas de vivenda para a mocidade”.
Pola súa banda, a secretaria xeral de XX.SS. reivindicou o fartazgo dos máis novos, aos que non se escoita e para os que semella que nunca se goberna, e fixo un chamamento á movilización nas próximas eleccións municipais do 28 de maio.
“Esta cidade tamén é nosa e somos os herdeiros de Ourense polo que debemos ter representatividade nas institucións, comezando polo Concello. Queremos oportunidades de presente! Vivenda digna! traballos non precarios! E, sobre todo e o máis importante, poder quedarnos a vivir na nosa terra, no noso Ourense, e con orgullo!”, afirmou.
Remitiuse tamén ás medidas presentadas recentemente sobre alugueiro asequible e a rehabilitación e revitalización do casco vello como oportunidades para a xuventude que o PSdeG-PSOE leva no seu programa electoral. Nisto tamén incidiu o candidato á alcaldía: “É importante que a nosa xente moza só marche cando queira facelo, non cando a obriguen. Que teñan oportunidades laborais e dereito a unha vivenda digna, respectando o que sinala a Constitución, para desenvolver o seu proxecto de vida”.