Santiago de Compostela | O Salón do Pazo de Fonseca acollerá este 22 de xuño a XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega baixo o título “Restitución do Patrimonio Histórico. Mirando polo noso”.
O evento conmemorará o traballo de avogados e historiadores pola recuperacion do patrimonio histórico galego en mans da familia Franco. Tanto como se formalizará o ingreso de novos ‘irmandiños e irmandiñas’ comprometidos coa preservación do patrimonio se entregará a Insignia de Ouro da Irmandade Xurídica ao Dr. Alberte Xullo Rodríguez Feijóo.