XXI Concurso de fuguras de area en A Guarda

A Guarda | O Concello de A Guarda organiza unha nova edición do CONCURSO DE FIGURAS DE AREA o vindeiro domingo 22 de xullo na praia do Muíño.

A finalidade desta actividade é que os nenos desenvolvan unha actividade lúdica ó aire libre e ó mesmo tempo que xoguen ca imaxinación.

Como en edicións anteriores tódolos participantes recibirán un agasallo e os gañadores das categorias recibarán un vale para canxear nas librerias da Guarda.

PROGRAMA:

De 11:00 – 12:00: Inscricións por categorías: categoría vermella (3-5 anos); categoría gris (6-9 anos); categoría amarela (10-12 anos); categoría azul (13-16 anos); categoría verde (por grupos de 3-16 anos. Máximo 4 participantes)

De 12:00 a 13:00: Concurso de figuras de area

Ás 13:00: Entrega de agasallos a todos os participantes

Ás 13:30: Entrega de premios ó 1º e 2º de cada categoría

Organiza: Concello de A Guarda. Colabora: Anabam e Erguete Baixo Miño. Patrocina: Auga Sana e Frigo