Lugo | A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe unha gala cultural en conmemoración do XXII Aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade.
Estivo presentada polo xornalista Xulio Xiz Ramil e contou coa asistencia do delegado territorial, Javier Arias.
Actuaron o conxunto vocal Lugh, o quinteto de metais da Asociación Músico Crisanto, o mago Rafa, e alumnos e alumnas do Conservatorio de Danza de Lugo, e presentouse o tráiler do videoxogo de realidade virtual Descubre a Muralla, creado por “Unha de Romanos” co patrocinio da Xunta -a través de Turismo de Galicia- con motivo desta efeméride.
Así mesmo, amosouse parte do traballo de investigación e conservación da Muralla que realiza a Xunta ao longo do ano, cun vídeo sobre a musealización da galería que atravesa os muros e outros elementos atopados no entorno da porta Bispo Odoario, executada nos últimos meses.