O Caurel | Celebrouse o XXVI Filandón de Músicas do Caurel, evento que nace como foro para a posta en valor do patrimonio lírico e musical conservado nestas terras da montaña luguesa.
Os antergos cantares, rondas da serra, músicos e poetas déronse cita nunha xornada para o recordo. O evento celebrouse no contexto da gran Ferrería Locay, monumental construcción de comenzos do século XIX, sucedéndose as distintas intervencións despois do son dos cornos celtas, maxistralmente tanxidos por Xan de Vilar, Manolo de Outeiro e Pepe de Soldón.
O Filandón celebrouse na memoria de Xesús Galán, poeta e mestre gaiteiro afincado en Barcelona, sendo especialmente emotiva a actuación da Banda de Gaitas Agarimos de Badalona, da que fora mestre de gaita varias décadas.
Dentro das destacables actuacións de máis de cen artistas participantes e un público entregado, hai que destacar a escenificación da Égloga Operística Pastora da Serra Sola obra de Xosé Lois Foxo, sendo oficiada por Leni Pérez, coa colaboración musical de compoñentes da Real Banda de Gaitas e a violinista, Tatiana Kostomarova.
O público asistente valorou especialmente a presencia dos musicólogos vascos, Juan Mari Beltrán e Fernando Jalón, facendo unha mostra didáctica a través de instrumentos tradicional vascos como a alboca ou a xirolarrúa.
No apartado de distincións que tradicionalmente ofrece o Filandón, Olga Iglesias Fontal, alcaldesa de Triacastela recibiu a “Tésera de Hospitalidá”, así como outros artistas que recibiron a medalla do Filandón, que representa o gaiteiro do Caurel, tomada da escultura da Iglesia de Meiraos do 1640. Nas fotos, A Banda de Gaitas Agarimos de Badalona (Barcelona) e Real Banda de Gaitas de Ourense con Leni Pérez e Tatiana Kostomarova.