Arbo | A última fin de semana de abril (28, 29 e 30 de abril), os hostaleiros, adegueiros e habitantes do concello de Arbo celebran a súa festa por excelencia, que atrae a visitantes de todas partes e que este ano se estrea co titulo de Festa de Interese Turístico Internacional. Trátase da ‘Festa dá Lamprea’, que en este ano 2023 cumpre 63 anos.
Nela os restaurantes da zona fan gala da súa boa man cociñándoa por exemplo ‘á arbense’, no seu propio sangue, que é unha das receitas máis soadas e consumidas.
Arbomostra, escenario central da Festa da Lamprea, contará coa presenza de stand de artesanía, produtos da comarca, degustación de lamprea e dos viños das adegas con D.O Rias Baixas e ao mesmo tempo que maiores e pequenos gozan dunha ampla e variada programación cultural.
En Arbomostra, durante os días 28, 29 e 30 de Abril, os visitantes na carpa de ‘ Arbomostra’, feira agroindustrial, poderán degustar durante estes tres días, a lamprea ao estilo ‘ arbense’ e a lamprea seca nas súas distintas formas de preparación acompañada polos viños das adegas de Arbo, que teñen a súa representación na Carpa. Quizá sexan as viñas, ou os arbenses, ou os recunchos do Miño ao seu paso por esta localidade o que fai que a lamprea volva unha e outra vez ás súas augas…
O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, lembra que “Arbomostra”, naceu no ano 1992, baixo unha carpa de 400 metros cuadrados ubicada o carón da biblioteca Municipal, donde posteriormente se construíu o Centro Multiusos, co obxetivo de promocionar e ensalzar os produtos gastronómicos e vitivinícolas deste Municipio. Coa construcción do novo edificio socio-cultural, Arbomostra desprazase as zonas deportivas do Colexio Público Antonio Carpintero ampliándose a carpa a 3000 m2 e o ano pasado trasladouse a Praza do Mercado. O rexedor prosigue “Arbomostra, atópase plenamente consolidada, despois de que, desde os inicios, empezásese a perfilar como unha das citas feirais máis importantes da Comunidade Autónoma”
Arbomostra, que no ano 2022 alcanzou a súa 26º edición, con un novo estilo máis moderno, acolledor e adaptado. En Arbomostra tamén recuperamos os oficios tradicionais galegos , e no recinto podemos ver ao zoqueiro, redeiro, cesteiro, costureiro ou telleiro creando coas súas mans pezas únicas e orixinais, e gozamos coa exposición das pezas únicas creadas por artesanos de Arbo, como é o caso de Vicente ou os bonsais de Marcial. A afuencia de visitantes a Arbomostra durante os tres días de Festa o ano pasado superou as 35.000 persoas.