Arbo | Arbo acolle os días 12, 13 e 14 a XXVII Festa dá Lamprea Seca, este ano ademáis con novidades importantes e que se estrea como Festa de Interese Turístico.
Grazas ao éxito cultivado en edicións anteriores, esta celebración permanecerá, por primeira vez, durante tres días na Caballeira de Turbela, equipada para a ocasión con mesas e bancos para comer, garantindo así “unha sombra natural”, segundo explicou o alcalde de Arbo, Horacio Gil.
Desde as 11:00h e durante todo o día pódense degustar nos postos habilitados este manxar nas súas diferentes variedades, asada, rebozada, rechea, con fideos… acompañada dos mellores viños da Denominación de Orixe.
Rías Baixas, mentres se goza das diversas actividades que propiciarán un ambiente festivo apto para todos os públicos.
A primeira Festa da Lamprea Seca tivo lugar no ano 1996, , co obxectivo de dar continuidade á promoción desta delicia gastronómica, poñendo en valor estoutras formas de preparar a lamprea fóra de tempada, que permiten, desta maneira, degustala durante todo o ano – manifesta o alcalde de Arbo.
PROGRAMACIÓN 12 DE AGOSTO
(VENRES) ás 12:30h. Temos a inauguración de POSTOS DE DEGUSTACIÓN DA LAMPREA SECA E VIÑO DAS ADEGAS DE ARBO CON D.Ou RÍAS BAIXAS e actuación dá Charanga “Noroeste”durante toda a xornada.
Ás 20:30 horas, na Praza do Consistorio, terá lugar a Gala da Lamprea, onde se realizará a entrega de diferentes premios, entrega da placa conmemorativa a asociación de Muleres Rurais Arbenses, recoñecemento a deportistas de Arbo en distinta disciplinas e entrega de galardón de arbense distinguido, amenizada por “Manoele de Felisa”. Ás 23:00h. Actuación do grupo “Os MÉCANICOS”, cun percorrido pola mellor música pop dos anos 60 e 70 na Carballeira de Turbela.
13 DE AGOSTO (SÁBADO) ás 10.00h. ANDAINA POPULAR, e ás 11.00h. Apertura apertura de postos de degustación e feira de artesania, pasacalles dá Charanga “Cantos Somos”, visitas guiadas ao Museo Arabo durante todo o dia, charangas, actuación do Grupo Folclórico arbense “A.C. Barca de Loimil”, Inchable gratuíto para nenos e para rematar a xornada a 20.00h. Concerto do grupo “Guezos” e ás 22.00h. Concerto do grupo “D’Vacas”
14 DE AGOSTO (DOMINGO) ás 10.00h. FESTA DÁ BICICLETA. 11.00h. Apertura postos de degustación e feira de artesania, pasacalles dá Charanga “Cantos Somos”, visitas ao Museo Arabo, charangas, actuación do Grupo Folclórico arbense “Vella Barca”, de 12.30h a 15.30h. actuación do grupo “2TIPOS” e como fin de festa ás 17.30h: Charanga “Vos Encerellados”.
Alvaro Cunqueiro, no seu artigo publicado en abril de 1975, con motivo da XV Festa da Lamprea, que cando el non podía asistir a Arbo a degustar a lamprea, dicía: “E quédome sen Arbo, sen as súas cordiais xentes, sen os amigos que van facer a festa á lamprea e cos que quixese charlar e ao seu lado comer…. Porque estar en Arbo na festa da Lamprea, é estar nunha festa”, informa o rexedor – Anímovos a pasar unha fin de semana en Arbo, a gozar desta delicia gastronómica, cunha ampla variedade de actividades de lecer para todas as idades.