Arbo | A última fin de semana de abril (26, 27 e 28 de abril), os hostaleiros, adegueiros e habitantes do concello de Arbo celebran a súa festa por excelencia, que atrae a visitantes de todas partes e que esta recoñecida co titulo de Festa de Interese Turístico Internacional.
Trátase da ‘Festa dá Lamprea’, que en este ano 2024 cumpre 64 anos. Nela os restaurantes da zona fan gala da súa boa man cociñándoa por exemplo ‘á arbense’, no seu propio sangue, que é unha das receitas máis soadas e consumidas.
Arbomostra, escenario central da Festa da Lamprea abrirá as súas portas coa inauguración programada para o venrés 26 de abril ás 17:30 horas e contará coa presenza de stand de artesanía, produtos da comarca, degustación de lamprea nas súas distintas variedades da man dun restaurante Arbense maridada cos viños das adegas con D.O Rias Baixas e ao mesmo tempo maiores e pequenos gozan dunha ampla e variada programación cultural.
En Arbomostra, durante os días 26, 27 e 28 de Abril, os visitantes na carpa de ‘ Arbomostra’, feira agroindustrial, poderán degustar durante estes tres días, a lamprea ao estilo ‘ arbense’ e a lamprea seca nas súas distintas formas de preparación acompañada polos viños das adegas de Arbo, que teñen a súa representación na Carpa. Quizá sexan as viñas, ou os arbenses, ou os recunchos do Miño ao seu paso por esta localidade o que fai que a lamprea volva unha e outra vez ás súas augas… Informa o alcalde do Concello de Arbo- Horacio Gil.
O ano pasado, pola Arbomostra pasaron máis de 40.000 persoas, durante os tres días e persoaxes do mundo do deporte, dos medios de comunicación, creadores de contidos e incluso políticos a nivel nacional, quixeron degustar a afada lamprea e os recoñecidos viños das adegas de Arbo, que alí donde van son galardonados con premios de excelencia.
Programación Arbomostra
Durante os tres días, ademáis de degustar a Lamprea e o viño das adegas de Arbo dentro de Arbomostra, o Concello de Arbo ten programado concertos e actuación durante os tres días, dentro de este espazo de degustación:
Venres 26 de abril
17:30 h. Inauguración oficial de ARBOMOSTRA 2024. De 18.00h. a 24.00 h. Visitas a ARBOMOSTRA
20:00 h. Actuación do grupo “PRYSMA” na carpa ARBOMOSTRA
Sábado 27 de abril
De 11:00 h. a 24:00 h. Visitas a ARBOMOSTRA 2023
13:30 h. Actuación do grupo “A BANDA DO SEQUÍO” na carpa ARBOMOSTRA
20:00 h. Actuación do grupo “MEL DE MEIGA”, na carpa ARBOMOSTRA
Domingo 28 de abril
De 11:00 h. a 24:00 h. Visitas a ARBOMOSTRA 2023
13:30 h. Actuación do grupo “O SON DAS TABERNAS”, na carpa ARBOMOSTRA
18.30 h. Actuación do grupo “TONICHI Y PACHECO”, na carpa ARBOMOSTRA