O Porriño | O Porriño acolle esta fin de semana a XXX edición da feira de oportunidades “Merca na rúa”, que terá lugar no centro urbano da vila, na zona peonil da rúa Ramón González.
O evento, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (Acipor) en colaboración co Concello do Porriño, terá lugar o venres 6 e o sábado 7 de setembro en horario ininterrumpido de 10 a 21 horas.
Nesta edición haberá un total de 23 postos con diferentes productos e sectores e grandes descontos: moda e calzado para toda a familia, complementos, mercería, corsetería, moda para o fogar, teas, productos de limpeza, productos de visión, productos de almacenamiento de alimentos, deporte e churros.
Entretemento para a cativada
Como xa é habitual, na praza do Arquitecto Antonio Palacios instalaranse inchables para que os/as pequenos/as da casa disfruten tamén da Feira de Oportunidades do Porriño. Os inchables estarán dispoñibles de 11:00 a 14:00 o venres e de 16:00 a 19:00 o venres e o sábado.
O sábado pola mañá de 11:30 a 13:30 haberá obradoiros infantís impartidos por SuperSugar e Hypatia.
Concertos na rúa
Coincidindo coa programación das Festas do Cristo, o venres ás 20 horas terá lugar o espectáculo de narración oral e música Trailalareira, con Vero Rilo e Santi Cribeiro.
O sábado, Kedirán amenizará a rúa cunha sesión vermú a partir das 12.30. E xa cara ás 20h, DoRoxo Presbiçian quentará o ambente da praza.
Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, anima a todos a “participar nesta feira que dinamiza a nosa vila e incentiva o comercio local, con actividades para que tamén os máis pequenos gocen destas xornadas, mentras os adultos compran con tranquilidade”.