A Guarda | Despois de anunciar a próxima celebración da XXXI edición da “Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira” para o fin de semana do 30 xuño ao 2 de xullo, o Concello da Guarda acaba de desvelar o programa actividades que ten preparado, con entretemento para todos, maiores e pequenos, que se irá desenrolando ao largo dos tres días nos que ten lugar esta festa.
O pistoletazo de saída terá lugar o venres día 30, ás 20:30h, na praza do Reló da Guarda co tradicional pregón, este ano a cargo do humorista David Perdomo, a entrega da distinción “Langosta de Honra” ao premiado desta edición e a benvida do alcalde, Roberto Carrero, a todos os asistentes.
Dende aí, o eixo da festa desprazarase ao porto da vila, tendo lugar as diferentes actuacións no entorno da carpa na que estarán instalados os postos dos restaurantes participantes, envolto todo elo nun ambiente mariñeiro, tradicional e, sobre todo, festivo. De maneira resumida, as actuacións máis destacables son as seguintes:
Sábado, 1 de xullo
Ás 20:00h, Lila Star. Un espectáculo familiar cheo de circo, música e humor.
Ás 23:00h, Os D ́Abaixo. Concerto deste destacado conxunto de folk galego.
Domingo, 2 de xullo
Ás 20:00h, De Vacas. Concerto deste innovador grupo cun homenaxe ás mulleres do pop.
Así mesmo, dentro do programa inclúense tamén pasarrúas durante os días da festa, inchables de auga para nenos no areal da Ribeira durante o sábado e o domingo de 16:30 a 19:30h, unha feira de artesanía con postos de diferentes especialidades e saídas do volanteiro “Piueiro” para todos aqueles que queiran descubrir a navegación nunha embarcación mariñeira tradicional do pobo de A Guarda.
Por último, destacar que con motivo da Festa da Langosta, o programa da TVG “Aquí Galicia” realizarase dende A Guarda, con diferentes entrevistas de xente da vila e actuacións de asociacións locais.
Con este intenso programa, aqueles que se acheguen a A Guarda a degustar os diferentes pratos e menús ofrecidos nesta festa gastronómica terán á súa disposición unha amplísima oferta cultural e de lecer que paga a pena non perderse.