Caldas de Reis | O Consorcio da Zona Franca poñerá en marcha o desenvolvemento dun plan estratéxico para a agrupación de Concellos formada polo de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis e Ponte Caldelas que inclúa un exhaustivo diagnóstico territorial, os obxectivos estratéxicos e unha folla de ruta con actuacións específicas, claras e realistas para a mellora da competitividade económica e a calidade de vida da mesma.
Neste senso, o delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, asinou hoxe en Caldas de Reis un acordo cos respectivos alcaldes de Caldas, Juan Manuel Rey; de Catoira, Alberto García; de Cuntis, Manuel Campos Velay y de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral para realizar o devandito traballo de análise, que permitirá establecer os mecanismos para a toma de decisións para mellorar a competitividade e a impulsar actividades de impacto positivo no crecemento económico, a xeración de emprego e a sustentabilidade a longo prazo.
O traballo comezará cun diagnóstico estratéxico con toda a información e datos obxectivos dos municipios e a súa contorna. Non só analizarase a economía, o tecido empresarial e a situación social, demográfica, tecnolóxica ou ambiental, senón tamén a repercusión da crise ocasionada polo COVID-19.
“O traballo comezará cun diagnóstico estratéxico con toda a información e datos obxectivos dos municipios e a súa contorna”
A información sintetizarase nunha matriz DAFO, cun informe final que incluirá cada sector, áreas económicas e o futuro potencial que teñen os concellos asinantes e a súa repercusión no desenvolvemento económico no seu contorno.
De cara á consecución dos obxectivos previstos, as partes acordan a constitución dun grupo de traballo paritario que estará integrado polas persoas que, a estes efectos, designe cada unha das asinantes do presente acordo, sendo o seu número mínimo de tres representantes por cada parte.
“O plan, tal e como indicou o delegado da Zona Franca, ‘terá una duración máxima de 4 anos”
O plan, tal e como indicou o delegado da Zona Franca, “terá una duración máxima de 4 anos e terá a visión dos expertos e da economía da zona para recompilar opinións, percepcións e ideas de axentes e entidades público-privadas relevantes sobre a situación actual e os retos futuros.
Tamén se estudarán casos de éxito, modelos similares no mundo, para traer eses exemplos que poidan ser inspiradores.”
O alcalde de Caldas sinalou que “Un plan estratéxico supramunicipal e unha ferramenta imprescindible para o desenvolvemento ordeado da comarca, que nos vai permitir alcanzar altas cotas de desenvolvemento socioeconómico, mellorar o empleo e a calidade de vida.”
Pola súa banda, o alcalde de Ponte Caldelas, indicou que “este tipo de proxectos son moi favorecedores para a economía local porque axudan a mellorar a competitividade do pequeno comercio, un comercio de proximidade que enriquece os municipios rurais e mantenos vivos, permitindo atraer máis poboación e evitando o despoboamento rural.
Ademais, en Ponte Caldelas, onde contamos co Polígono Empresarial de A Reigosa, interésanos seguir traballando no asentamento de empresas que sigan xerando postos de emprego para a nosa veciñanza”.
Os alcaldes de Catoira e Cuntis coincidiron en afirmar a importancia da colaboración das institucións públicas xa que proxectos como este que permitirán analizar a economía dos diferentes concellos servirán para servirán para poñer en marcha novos proxectos que supoñerán un impulso á economía coa consecuente creación de postos de traballo.
Tras a firma, os asinantes fixeron unha foto de familia fronte ao “Memorial das palabras” cuxo autor é Xavi Muñoz.
Tal e como explicou o alcalde de Caldas: “trátase dunha instalación artística de arte pública cuxo material simbólico é a memoria local, debido a que recolle palabras para a memoria, procedentes de persoas de Caldas.”
“O proxecto xorde como unha iniciativa do Concello de Caldas de Reis, con motivo do décimo aniversario da actividade denominada KALDARTE, no marco do Festival Cultura Quente”
O proxecto xorde como unha iniciativa do Concello de Caldas de Reis, con motivo do décimo aniversario da actividade denominada KALDARTE, no marco do Festival Cultura Quente. O muro está composto por 462 palabras cunha composición en forma de crucigrama, facendo un total de 8.024 baldosas brancas e negras.
Tras a firma, os asinantes percorreron o Xardín botánico e a Carballeira de Caldas de Reis. Ambas xorden dunha iniciativa municipal no ano 1884. Xunto ao río Umia configura unha paraxe natural que conxuga de maneira equilibrada a flora autóctona con especies exóticas dos cinco continentes, entre as cales están incluídos algúns exemplares no Catálogo de Árbores Singulares.
Na actualidade conta coa declaración de Ben de Interese Cultural e tamén co certificado Q de Calidade Turística.