Vigo | O comité executivo de Zona Franca deu luz verde á firma do convenio co Concello de Cuntis e a Sociedade Mercantil Estatal Chan Empresarial do Atlántico (SEXA) para a execución do Parque Empresarial A Ran. O Consorcio encargará á sociedade pública Tragsa a redacción dos proxectos de reparcelación e urbanización.
O delegado do Estado, David Regades, subliñou que “esta actuación vai supoñer un gran impulso económico de Cuntis e de toda a súa área de influencia, ademais de paliar a falta de chan industrial na provincia”. Neste sentido destacou que “o proxecto é posible pola implicación de Zona Franca, ferramenta do Gobierno de España e institución que mellor coñece o chan industrial do sur de Galicia, cos seus 8 millóns de metros cadrados”.
O alcalde, Manuel Campos Velay, sinalou que “esto é un antes e un despois para Cuntis. Hoxe escríbese o futuro de Cuntis, porque coa firma deste convenio póñense en marcha uns traballos moi importantes para o polígono industrial da Ran. É un investimento único neste concello”.
A superficie do ámbito correspondente co Polígono 1 do Plan de Sectorización do “Parque Empresarial da Ran” é de 325.635 metros cadrados, dos que 200.397 metros cadrados serán superficie de industria, 78.265 metros cadrados de reservas de chan para equipamentos e 629 prazas de aparcamento.
O procedemento comezará pola redacción e tramitación ata a súa aprobación definitiva do Proxecto de Urbanización. En paralelo redactarase o Proxecto de Expropiación dos bienes e dereitos afectados polo desenvolvemento e a redacción e tramitación do Proxecto de Reparcelación entre os propietarios do ámbito, para finalmente chegar ás obras de urbanización.
Os custos máximos, que serán asumidos a partir iguais entre SEXA e o CZFV, inclúen a redacción dos proxectos de expropiación, urbanización e reparcelación por un máximo de 120.00 euros, a expropiación dos bienes e dereitos afectados por un máximo de 1.031.945 euros e as obras de urbanización por un máximo de 3.500.000 euros.