Vigo | O delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, clausurou hoxe o Foro Tecnolóxico de Emprego da Universidade de Vigo, que organiza o alumnado das escolas de enxeñerías de Minas e Enerxía, Industriais e Telecomunicacións.
Esta edición, que recuperou a presencialidad, contou con medio centenar de empresas, co obxectivo de facilitar ao alumnado un achegamento ao mundo laboral.
David Regades, que visitou as casetas, felicitou á organización e animoulles a continuar cunha iniciativa con moito talento, na que Zona Franca participa este ano por primeira vez.
Dixo ao estudantado que “tedes moito que dicir no futuro, no que a tecnoloxía será clave e a aprendizaxe continua”.