Nigrán | A incubadora High Tech Auto, que lidera Zona Franca, celebrou a lonxa de financiamento presentando os proxectos a investidores, nunha sesión na que participou o delegado do Estado, David Regades; e o alcalde de Nigrán, Juan González.
En total son oito os proxectos que iniciaron a incubación na cuarta edición. Relatores expertos e emprendedores compartiron, no centro de negocios de Porto do Molle de Zona Franca, coñecementos e experiencias cos promotores das anteriores edicións da incubadora.
Así, houbo unha key note por parte Antía Fernández, directora de Innovación de Gradiant, e organizouse unha mesa de experiencias, que abordou o papel dos investidores coa participación de Netun Solutions, Perfect Numbers e Certifix.
Balance HTA
Desde o inicio dos programas de HTA en xaneiro do 2021 ata febreiro de 2022, liderada pola Zona Franca, presentáronse 90 candidaturas de proxectos, hanse incubado 40 proxectos de emprendemento en distintas fases e apoiáronse a 63 emprendedores.
Ademais, constituíronse un total de 18 empresas. A última en sumarse ao club con contratación é Vancubic, que pasou a producir o seu módulo de camperización con métodos industriais e ten os primeiros pedidos.
• Impulsouse e conseguido que 9 proxectos participen en aceleradoras: DOOROTI, VI&GO, TRUCK MMS, PHIVehicle, Jadebotanics e WAVYDRIVE
• Un total 6 proxectos (todos en Vigo) de 36 (17% dos proxectos participantes) foron convidados en participar no Start up Day de ViaGalicia 2023: VANCUBIC (Primeira edición), Certifix (Segunda edición), DOOROTI (Segunda edición), LUO KAI ELECTRICS (Terceira edición), VI&GO (Segunda edición), 5SPECIAL (Cuarta edición) 4 destes foron seleccionados na aceleradora.
Tamén 9 proxectos que pasaron pola incubadora foron seleccionados por aceleradoras Dooroti, Certifix, VANCUBIC, LUO KAI ELECTRICS, Vi&Go, Wavydrive, PhiVehicle, Truck MMS e Jadebotanics.
A High Tech Auto é a primeira incubadora de Galicia que está especializada no sector da automoción e a mobilidade e supón unha oportunidade para favorecer a transferencia de ideas e tecnoloxías ao tecido empresarial do sector de automoción, sector auxiliar de compoñentes e servizos avanzados, así como aos distintos ámbitos e aplicacións que abarca a mobilidade. Busca o desenvolvemento de ideas e proxectos en fase semente ou incipiente coa idea de validar as ideas e tecnoloxías para posteriormente construír un modelo de negocio innovador ao redor dela.
A participación en HTA facilita unha porta de entrada a un sector estratéxico e incrementa a visibilidade dos proxectos nun mercado tan competitivo como o da automoción. Os proxectos que se están incubando na cuarta edición: -5Special é unha marca de roupa sostible e accesorios para o mundo do motor, que combina calidade, tendencia e funcionalidade. Todo o seu proceso creativo e de produción desenvólvese desde a perspectiva de “vangarda e tradición da man”, co fin de adaptar a historia do motor e as aventuras ao mundo actual.
Os seus coleccionesy produtos estanse producidas eticamente en Galicia e Portugal en talleres artesanais locais.
-A Escola de Autotrónica nace no 2014 para cubrir unha necesidade de formación na electrónica automotriz, pero agora quere dar o salto cara a unha docencia en formato dixital, a través dunha plataforma de cursos e a animación en 3D dos seus contidos.
-Trevo céntrase na fabricación de impresoras 3D de leito de po metálico (SLM), ofrecendo aos clientes tanto formación como comercialización dos produtos, venda de software, consumibles e máquinas de postprocesado das pezas impresas.
-Despunte dedícase á fabricación de modelos, prototipos e animacións 3D para comunicación industrial e científica e o mundo audiovisual, videoxogos e AR/VR. Complementariamente, realizan tamén traballos no campo da electrónica e programación para robótica e automatismos sinxelos a través de solucións integrais a medida.
-NewMind nace co obxectivo de desenvolver unha serie de ferramentas tecnolóxicas, tanto hardware como software, que permitan mellorar a interconexión coa plataforma DXT 3.0 e contribuír á mellora da experiencia de usuario e a súa seguridade.
-More-Movilidad Rural Eléctrica, é un proxecto tecnolóxico orientado a incorporar a mobilidade eléctrica no rural mediante o despregamento dunha rede de puntos de recarga de baixo custo adaptada ás zonas de implantación e aproveitando infraestruturas eléctricas xa existentes.
-Motocicleta adaptada consiste no desenvolvemento dunha motocicleta adaptada para o seu uso por persoas de mobilidade reducida (PMR), especialmente para persoas en cadeira de rodas, de maneira que poidan acceder a ela, conducila de maneira segura e estacionar o vehículo dunha maneira completamente autónoma.
-Zeltener Tech baséase nun proxecto dirixido ás melloras organizativas, operativas e ambientais a través do desenvolvemento dun software de xestión enerxética, que permita o balance dinámico e a tempo real de electricidade entre as empresas xeradoras e consumidoras pertencentes a unha comunidade enerxética, ademais de cubrir as demandas de enerxía de consumo particular, como postos de recarga de vehículos eléctricos.